Pesentación
Co paso do tempo o club veu desenvolvendo a súa actividade en diversas modalidades do ciclismo a parte do DH: marathones, marchas cicloturistas, enduro e demáis actividades relacionadas coas bicicletas.
A motivación principal é o desfrute do noso deporte
Na actualidade o club realiza as súas actividades principais nas modalidades de DH, Enduro e cicloturismo.
Os servizos prestados son básicamente a tramitación das licenzas federativas coa Federación Galega de Ciclismo, o fomento da competición da man da Deputación de Pontevedra e a xestión das distintas equipacións.
Urxencias
Menores de 6 e maiores de 16 anos
ASISTENCIA POR URXENCIA VITAL
No caso de URXENCIA VITAL (aquela na que perigre a vida do deportista) poderase acudir ao Hospital/Centro máis cercano.
ASISTENCIA URXENTE
O deportista que, por motivo dun accidente deportivo requira asistencia URXENTE E INMEDIATA, deberá comunicar á compañía o seu sinistro e solicitar un centro de urxencias.
TLF. 981 941 111
Recabaranse datos do sinistro e a continuación facilitaráselle unha cita preferente no centro concertado. Para calquer proba/tratamento/revisión solicitados na visita inicial requerirase autorización da compañía de seguros.
O federado debe dirixirse polos seus propios medios ou por medio de transporte sanitario (só se o tipo de lesión así o exixe), ao centro concertado de asistencia de urxencias que lle indiquen.
ASISTENCIA NON URXENTE
No caso de que a atención ao deportista non sexa necesariamente inmediata e poda diferirse, deberase xestionar a apertura de sinistro polos cauces indicados.
- Teléfono: 981 941 111
- Web: centrodeatencionalpaciente.es
Asignaráselle cita preferente cun médico especialista.
Máis información consultar a F.G.C.
Nacid@s entre 2007 e 2016 (6 a 16 anos)
Plan XOGADE, toda a información en F.G.C.
Accidente con danos a terceiros
En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986 224 158, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros.
Póliza seguro Responsabilidade CivilMáis información consultar a F.G.C.